martes, 28 de abril de 2020

"O máis bonito que hai en Galicia es ti (28/4/20)

Queridas familias,  aproveitando que este domingo será o día da Nai, dende o departamento de normalización lingüística queremos impulsar unha actividade chamada, "O máis bonito que hai en Galicia es ti".

A actividade consistiría en escribir unha postal en galego para entregarlle á vosa nai, avóa ou alguén que queirades moito, o domingo. Na postal ten que aparecer o "lema" da actividade subliñado arriba, e pode incluir tamén debuxos, fotos pegadas e todo o que se vos ocorra. Sede orixinais e creativos.

Tedes de prazo ata o venres 1 de maio para envialas por whatssap (aínda que non hai cole, deixámosvos ese día tamén) xa que serán publicadas na web do colexio e máis nos blogues de cada clase. 

Por certo, aconséllovos que a fagades sen que vos miren, xa que estes días anímannos moito as sorpresas.

Déixovos un enlace dun tradutor de galego para os que teñades dificultades con esta lingua:

Un saúdo. A mestra Sandra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aquí podéis dejar vuestras opiniones sobre el blog, qué tal os han salido las actividades, si tenéis alguna duda, etc. No olvidéis dejar vuestro nombre al final para que os pueda contestar.